Servizo de custodia
Atención antes e despois do horario lectivo para apoiar a conciliación familiar.
O servizo de custodia do Colexio Torre de Lemos ofrece atención ao alumnado fóra do horario lectivo, facilitando ás familias unha maior flexibilidade na organización diaria.

Programa Madrugadores

O programa Madrugadores comeza ás 8:00h e está dirixido ao alumnado de Educación Infantil, Educación Primaria e ESO que precise acceder ao centro antes do inicio das clases. Trátase dun servizo gratuíto para as familias.


Custodia de mediodía

Exténdese entre as 14:00h e as 14:30h con fin de axudar ás familias no proceso de recollida dos seus fillos/as ao remate da xornada escolar.


Custodia de tarde

A custodia de tarde esténdese de 15:30h a 16:30 h, cun tempo dedicado ao esparexemento do alumnado.


Hora de biblioteca

De 16:30 h a 17:30 h, o alumnado pode participar na hora de biblioteca, un espazo no que a lectura se promove como ferramenta útil para a aprendizaxe.


AVISO

Durante os meses de xuño e setembro non hai custodia de tarde nin hora de biblioteca.


Ver documento

© 2026 Colexio Torre de Lemos. Todos os dereitos reservados

Desenvolvido por