Comedor escolar
Cociña propia, menús equilibrados e atención personalizada para todos os alumnos
O comedor escolar do Colexio Torre de Lemos ofrece unha alimentación completa e axeitada ás necesidades do alumnado, con pratos caseiros elaborados a partir de produtos frescos de proximidade. O centro dispón de comedores diferenciados para Educación Infantil, Educación Primaria e ESO, favorecendo unha atención máis adaptada a cada etapa educativa.

Características

O alumnado pode facer uso do comedor de maneira continuada ou en días puntuais, sempre que a familia avise en Secretaría durante a mañá do mesmo día.


Menús especiais

Elabóranse menús adaptados para alumnado con alerxias, intolerancias ou necesidades alimentarias específicas por prescrición médica.


Horarios

Educación Infantil: de 14:00 a 15:30

Educación Primaria: de 14:00 a 15:30

ESO: de 14:15 a 15:30


Menú mensual

© 2026 Colexio Torre de Lemos. Todos os dereitos reservados

Desenvolvido por