Oferta Educativa
O Colexio Torre de Lemos ofrece unha formación integral e continua ao longo de tres etapas educativas, cun proxecto pedagóxico coherente e un acompañamento personalizado.

Na etapa de Educación Infantil, o noso centro ofrece unha proposta educativa integral, inclusiva, plurilingüe e de calidade, orientada ao desenvolvemento persoal, emocional, social e cognitivo de cada alumno. Acompañamos a cada neno e nena respectando o seu ritmo madurativo, as súas capacidades e necesidades, nun contorno cálido, seguro e de confianza.
Ver máis

Na etapa de Educación Primaria, o centro ofrece unha proposta educativa integral, plurilingüe e de calidade, orientada ao desenvolvemento académico, persoal e social do alumnado. O noso obxectivo é formar alumnado competente, capaz de responder con eficacia a situacións diversas, respectando sempre os diferentes ritmos de aprendizaxe e atendendo de maneira personalizada ás necesidades educativas de cada etapa.
Ver máis

Na etapa de Educación Secundaria, centrámonos na preparación académica do alumnado e na súa orientación académica e profesional. Acompañámolo ao longo de catro cursos nos que cursa materias troncais e optativas, orientadas á continuidade dos seus estudos postobrigatorios e á súa futura inserción no mundo laboral.
Ver máis