Servizos

Servizos complementarios que facilitan a vida escolar das familias

En Torre de Lemos entendemos a educación como algo que vai máis alá do horario lectivo. Por iso ofrecemos ás familias un conxunto de servizos pensados para facilitar a conciliación, garantir o benestar do alumnado e enriquecer a súa experiencia educativa.

Portería do centro

A Portería é un punto de atención diaria para as familias e visitantes do centro. As persoas encargadas deste servizo coordinan tarefas de acceso, atención telefónica, acompañamento do alumnado e información xeral.

Funcións

  • Apertura do colexio ás 8:00 h.

  • Atención e redirección das chamadas telefónicas.

  • Información dentro do ámbito da súa competencia.

  • Recollida do alumnado que chega despois da hora de entrada.

  • Entrega do alumnado que abandona o centro antes da hora de saída.

  • Xestión do parte de saídas.

  • Venda do uniforme escolar.

  • Acompañamento dos usuarios do transporte escolar á saída do centro pola tarde.

Horario

De luns a venres: 08:00 h a 13:30 h // 15:30 h a 18:00 h 

Contacto

Tlf: 982 400 350

Departamento de orientación

O Departamento de Orientación acompaña ao alumnado ao longo da súa etapa educativa, ofrecendo apoio psicopedagóxico, atención á diversidade, orientación académica e coordinación coas familias e co equipo docente.

Co alumnado

  • Avaliacións psicopedagóxicas individuais.

  • Informes para alumnado con necesidade específica de apoio educativo.

  • Atención individualizada.

  • Coordinación con equipos externos.

  • Hábitos de estudo e planificación.

  • Orientación vocacional en Secundaria.

  • Apoio ao alumnado estranxeiro.

  • Programas de habilidades sociais.

Co profesorado

  • Asesoramento en medidas de atención á diversidade.

  • Coordinación de apoio e reforzo educativo.

  • Seguimento do alumnado con dificultades específicas.

  • Deseño do Plan de Orientación Académica e Profesional.

  • Apoio no Plan de Acción Titorial.

Coas familias

  • Entrevistas individuais.

  • Entrevistas conxuntas cos titores.

  • Reunións xerais sobre orientación, probas psicopedagóxicas e evolución educativa.

Contacto

Horario de atención ás familias: calquera día da semana, previa petición de hora. Contacto a través da axenda escolar, da axenda do Departamento dispoñible en Portería, no teléfono 982 400 350 ou no correo DO@torredelemos.es.

Grupo de Acción Social

SOLIDARIDADE, COMPROMISO E PARTICIPACIÓN DA COMUNIDADE EDUCATIVA.

O Grupo de Acción Social do Colexio Torre de Lemos nace coa vontade de impulsar accións solidarias e colaborar con colectivos que o precisen dentro da contorna máis próxima.

Coordinado por un grupo de docentes, o G.A.S. busca concienciar ao alumnado sobre a importancia de axudar aos demais, poñendo en práctica valores sociais e humanos fundamentais.

Ao longo do curso, coa colaboración de familias, alumnado, profesorado, institucións e persoas próximas ao centro, desenvólvense diferentes iniciativas sociais, campañas de recadación, actividades de acompañamento e accións de apoio a entidades e colectivos locais.

Entidades coas que colaboramos

Ruliños

Agora

Asociación de Enfermos de Alzheimer

Prodeme

Residencia de maiores

Familias con necesidades en roupa, alimentos ou xoguetes

"Nós cremos que outro mundo é posible. E ti?"

© 2026 Colexio Torre de Lemos. Todos os dereitos reservados

Desenvolvido por