Visítanos Anxo Fariña!

por

Equipo Educación Secundaria

|

27/04/26

|

O pasado venres 24 de abril tivemos o privilexio de recibir no noso colexio ao escritor e ilustrador Anxo Fariña, nunha xornada moi especial para o alumnado de 1º da ESO e 6º de Primaria.


O alumnado de 1º da ESO, que recentemente gozou da lectura de Megatoxos, viviu o encontro con especial emoción, podendo coñecer de preto ao autor dunha obra que tanto lles fixo imaxinar e reflexionar. Durante a visita, Anxo Fariña compartiu a súa experiencia como creador, falou sobre o seu proceso creativo e animou ao alumnado a seguir lendo e desenvolvendo a súa creatividade.


Para o alumnado de 6º de Primaria tamén foi unha experiencia enriquecedora, chea de inspiración, curiosidade e aprendizaxe.


Ademais, os nosos alumnos da radio puideron facerlle unha entrevista do máis interesante, que podedes escoitar no seguinte enlace:


RADIO TORRE DE LEMOS


Agradecemos a Anxo Fariña a súa cercanía, entusiasmo e o tempo compartido co noso alumnado. Unha xornada que, sen dúbida, lembraremos con ilusión!


© 2026 Colexio Torre de Lemos. Todos os dereitos reservados

Desenvolvido por