
Neste concurso financeiro, o noso alumnado de Economía de 4º da ESO demostrou a súa creatividade e espírito emprendedor deseñando unha actividade sostible de recadación de fondos vinculada a un festival. Tiveron que idear propostas, calcular orzamentos, estimar gastos e prever ingresos… ¡pura economía en acción!
Dos catro equipos participantes do noso centro (TERERÉ, MILEURILLOS, AS GUERRERAS e FUTUROS VAGABUNDOS), o equipo TERERÉ (Daniella e Santiago) acadou a vitoria no reto mensual de marzo na categoría C, grazas ao seu cartel “A NOITE DAS LENDAS”.
Premio: 200 € para a aula
E o mellor: ¡pasan á GRAN FINAL NACIONAL, onde poderán optar a premios aínda maiores!
Podedes ver os carteis gañadores (incluído o seu) aquí:
https://www.programaseguramenteabanca.com/premios/
¡¡Parabéns a todos e todas… e especialmente aos nosos economistas en acción!!
Galería de Imágenes
