Pequen@s Matemátic@s

por

Equipo Educación Secundaria

|

27/04/26

|

O pasado venres 24 de abril, un grupo de alumnos/as do noso centro participou no concurso do Clube Olímpico de de Mates, en colaboración coa Universidade De Santiago de Compostela titulado “Quen quere ser matemático?”


Durante a actividade, tiveron que enfrontarse a un pequeno trivial sobre feitos e datas relevantes na historia das matemáticas, demostrando os seus coñecementos e a súa capacidade de memoria. A continuación, puxeron a proba o seu enxeño con dous problemas de lóxica e estratexia, nos que a reflexión e o traballo en equipo foron clave.


Foi unha experiencia moi enriquecedora, na que o alumnado puido aprender, compartir e gozar das matemáticas dun xeito diferente.


Parabéns ao grupo participante polo seu esforzo e actitude!


© 2026 Colexio Torre de Lemos. Todos os dereitos reservados

Desenvolvido por