
No noso colexio quixemos render unha pequena homenaxe a Rosalía de Castro, unha das figuras máis importantes da nosa literatura e da nosa cultura. Neste día, o alumnado participou en diferentes actividades para achegarse á súa vida e á súa obra.
Limos algúns dos seus poemas máis coñecidos e reflexionamos sobre a forza da súa poesía e sobre a importancia que tivo como muller nunha época na que non era doado ter voz propia.
Ademais, realizamos debuxos e murais inspirados na súa figura, enchendo os corredores do colexio de cor e palabras. Unha maneira creativa de lembrar a unha autora fundamental para entender a nosa literatura e a nosa identidade.
Galería de Imágenes








